Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 208/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Almudena Boo Carril, contra a empresa Promociones Panamá 14, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 15 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva é como segue:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data desta resolución a relación laboral que unía a Almudena Boo Carril con Promociones Panamá 14, S.L. e condeno a dita empresa a aboar á demandante, en concepto de indemnización, 1.581,25 euros e 12.305 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de que non se cumpra esta resolución, continúe a presente execución como en diñeiro, polo importe total de 13.886,25 euros, máis 1.388,62 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Promociones Panamá 14, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial