De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.
Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
DX-00099-I-2013 5428-HHN Axente de inspección DX/004 |
José Ramón Cotelo Velo 76326163L A Garga, 19, Anllóns, 15110 Ponteceso Coruña (A) |
O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %. 10.9.2013; 10.52.41; AC-301; 0 |
Art. 141.2 da LOTT |
Art. 143.1.f) da LOTT |
950 |