Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48528

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de decembro de 2013 polo que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública desta consellería.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de decembro de 2013, adoptou o acordo polo que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública da Consellería de Sanidade.

Para coñecemento xeral, esta secretaría xeral técnica, resolveu dispor a publicación no Diario Oficial de Galicia do citado acordo, como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o Plan
de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública dependentes da Consellería de Sanidade

I. Para a consecución da eficacia na prestación dos servizos sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e da eficiencia na utilización dos recursos económicos de que dispón, resulta necesario que se dote dos instrumentos básicos que permitan a planificación eficiente das necesidades de recursos humanos, a súa axeitada dimensión e a mellor distribución en función das necesidades.

Nesta liña, o artigo 69 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, establece que a planificación dos recursos humanos nas administracións públicas terá como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles mediante, entre outras, a dimensión adecuada dos seus efectivos, a súa mellor distribución e mobilidade.

A importancia deste tipo de instrumentos de planificación global resulta notoria na medida en que responden ao principio de eficacia que debe presidir a actuación das administracións públicas. Importancia que se revela, se cabe, particularmente acentuada nun momento como o presente, en que a Administración sanitaria debe desenvolver a súa función no marco da austeridade e a eficiencia que require a difícil situación económica e orzamentaria.

Así mesmo, o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no seu artigo 30 bis.1), prevé que no marco da planificación xeral dos seus recursos humanos se poderá trasladar motivadamente e con carácter voluntario ao persoal funcionario de carreira a consellerías, unidades, organismos, axencias ou entidades distintas ás do seu destino, cando considere que existen sectores prioritarios da actividade pública con necesidades específicas de efectivos, e no número 3) do mesmo artigo prevese que cando as necesidades do servizo ou funcionais xustifiquen a modificación da adscrición dos postos de traballo a unha consellería, unidade, organismo, axencia ou entidade distinta da que figure na relación de postos de traballo, o Consello da Xunta de Galicia aprobará un plan de ordenación de recursos humanos, oída a comisión de persoal e logo de negociación sindical e informe da consellería competente en materia de función pública e de orzamentos.

II. Os laboratorios de saúde pública desenvolven un servizo complementario e imprescindible aos programas de saúde pública no proceso de vixilancia e protección da saúde, mediante a realización dos ensaios establecidos polos programas de control alimentario e ambiental, así como os exixidos na normativa sectorial correspondente.

Desde o ano 1981 existen catro laboratorios de saúde pública situados nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade situados nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estes laboratorios foron dotados dos mesmos medios materiais (equipamentos) e recursos adecuados ás funcións encomendadas, baixo o criterio de que todos puideran facer as mesmas determinacións, creándose dentro de cada laboratorio dúas áreas de traballo definidas, microbioloxía e fisicoquímica, ademais da correspondente área auxiliar para os procesos de apoio.

A entrada en vigor do Real decreto 1397/1995, do 4 de agosto, polo que se aproban as medidas adicionais sobre o control de produtos alimenticios, supuxo a necesaria acreditación dos laboratorios, tanto públicos coma privados, para poder participar validamente no control oficial de produtos alimenticios.

Así mesmo, as novas directivas europeas requiren que os laboratorios dispoñan de equipamentos cunha maior sensibilidade, maior resolución e cuns límites de detección axeitados ás novas exixencias, o que supón a necesidade de realizar un plan de renovación progresivo dos equipamentos antigos dos laboratorios, e a adquisición dos que resulten necesarios para a posta en marcha de novas técnicas analíticas. Exixencias que representan dificultades para o mantemento en Galicia de catro laboratorios de saúde pública coa dotación axeitada para o cumprimento dos requisitos legais.

Particularmente, o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo foi asumindo progresivamente a especialización en determinadas técnicas como a realización das análises derivadas do Plan nacional de investigación de residuos en produtos de orixe animal (PNIR) sendo referencia tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas que carecen dos medios adecuados para a realización destas analíticas. Así mesmo, colabora co daquela denominado Ministerio de Sanidade e Consumo na realización de determinadas analíticas aos produtos que entran no territorio nos diferentes postos de inspección fronteirizos, especialmente residuos de substancias prohibidas na Unión Europea, e conta coa acreditación na técnica da triquina, o que o converte no laboratorio central de diagnóstico da triquina da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, este laboratorio conta co sistema de cromatografía líquida con detector de masas para determinar residuos de medicamentos veterinarios prohibidos (pertencentes ao grupo A da lexislación de residuos) exixido pola Decisión da Comisión Europea, do 12 de agosto de 2002 (2002/657/CE); con dous auditores de ENAC para a ISO 17.020 de laboratorios de ensaio e, desde o ano 2008, ten implantada a NT-18 de acreditación para categorías de ensaio, e alcance flexible (LEBA) de ENAC, para residuos zoosanitarios; o que lle dá unha gran flexibilidade á hora de incorporar ao catálogo de servizos tanto novos alimentos coma novos parámetros analíticos. Esta experiencia en acreditación de alcance flexible (LEBA) é importante para poñer a punto a de praguicidas (NT 19) e doutras substancias.

O adecuado desenvolvemento de todas as funcións asignadas determinou unha maior dotación de recursos humanos no Laboratorio de Saúde Pública con sede en Lugo respecto dos outros tres laboratorios.

Xa que logo, a especialización nas técnicas descritas e a maior dotación de recursos con que conta na actualidade, determina que a centralización dos laboratorios de saúde pública deba producirse no laboratorio de Lugo, ao ser, a partir do 1 de xaneiro de 2014, o único laboratorio de Galicia acreditado para realizar as referidas análises.

III. Neste contexto e desde unha perspectiva orgánica, o recente Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, reorganiza os servizos de laboratorio de saúde pública da Consellería de Sanidade, coa amortización dos diversos servizos de laboratorio e a creación do Servizo de Laboratorio de Saúde Central de Galicia en Lugo.

Esta nova reestruturación fai necesaria, a través do presente plan, unha reordenación dos recursos humanos e dos postos de traballo, coa adopción das medidas e previsións necesarias para axustar as situacións dos postos de traballo dos extintos servizos de laboratorio de saúde pública territoriais á nova estrutura, conforme os seguintes obxectivos:

– Optimizar a xestión e utilización dos recursos humanos.

– Adaptar as directrices da política de persoal ás necesidades detectadas.

– Manter a taxa de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia como medida de estímulo ao crecemento económico.

– Aproveitar os coñecementos e a experiencia do persoal que xa ocupa actualmente os postos de traballo.

Neste marco, a Administración autonómica manterá todos os postos de traballo actuais existentes nos diferentes laboratorios, así como as persoas que os ocupan, independentemente do seu vínculo xurídico (funcionario de carreira, funcionario interino, persoal laboral fixo, persoal laboral temporal e persoal laboral indefinido non fixo), situando estes postos de traballo nas unidades en que agora son máis necesarios, en aplicación do principio de eficacia e eficiencia na xestión dos recursos públicos.

As necesidades de persoal constatadas noutros departamentos da Xunta de Galicia, que están a demandar profesionais da mesma especialización que os existentes nos laboratorios de saúde pública, a garantía de estabilidade dos funcionarios de carreira e persoal laboral fixo, determinan a procedencia de efectuar unha nova distribución dos efectivos existentes en centros próximos doutras consellerías, onde as funcións que realizarán son análogas ás desempeñadas e propias da súa especialización.

A dita redistribución materializarase a través dun traspaso das prazas afectadas a outras consellerías da Xunta de Galicia, e sempre baixo o principio de voluntariedade deste persoal.

Respecto dos postos ocupados por funcionario interino, persoal laboral temporal e persoal laboral indefinido non fixo por sentenza, debe terse en conta que este persoal foi especificamente contratado nunha praza para o desempeño dunhas funcións que, como consecuencia da centralización de toda a actividade no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, agora van ser desenvolvidas exclusivamente nel.

Por tal motivo, estes postos e o persoal que os ocupa deben ser traspasados ao citado Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, de tal xeito que se manteña invariable o obxecto en virtude do cal o persoal foi contratado.

Non obstante, respecto aos postos de persoal laboral indefinido non fixo recollidos na disposición transitoria décimo primeira parte do convenio colectivo único e de conformidade co previsto nela, respecto dos mesmos dereitos que o persoal laboral fixo, permanecerán nas súas condicións actuais mentres non se leve a cabo o proceso selectivo previsto na antedita disposición.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda, e aprobado por unanimidade das organizacións sindicais presentes na Comisión de Persoal que tivo lugar o día 11 de decembro de 2013, e por proposta da Consellería de Sanidade, apróbase o Plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública dependentes da Consellería de Sanidade, que determina as seguintes accións:

I. Obxecto.

O presente plan de ordenación de recursos humanos ten por obxecto con base no artigo 69 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 30.bis do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, introducido polo artigo 22 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, a reordenación dos postos de traballo dos extintos laboratorios de saúde pública da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra cuxas xefaturas de servizo foron amortizadas polo Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, que pola súa vez pasa a crear o posto de Servizo de Laboratorio de Saúde de Galicia en Lugo.

Para tal efecto, recóllense as accións pertinentes que se deben desenvolver para estruturar de xeito eficaz e eficiente as funcións do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo, e determinar o sistema de racionalización dos postos de traballo e do persoal afectado.

II. Necesidades de recursos humanos do servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (Lugo).

O Laboratorio de Saúde Pública de Lugo dispón na actualidade dos seguintes recursos humanos para cubrir as necesidades da actividade que ven desenvolvendo ata agora.

Denominación do posto

Postos actuais do Laboratorio Saúde Pública de Lugo

Xefatura do Servizo Laboratorio Saúde Pública de Galicia en Lugo

1

Responsables de área

2

Titulado/a superior de laboratorio

2

Outros titulados/as superiores

3

Inspector/a veterinario/a de saúde pública de laboratorio

3

Titulado/a medio de laboratorio

1

Analista de laboratorio

10

Auxiliar de laboratorio

5

Auxiliar sanitario

2

Auxiliar administrativo

1

Total de postos

30

Como consecuencia da centralización da actividade dos extintos laboratorios de saúde pública da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, nun único laboratorio, prodúcese un significativo incremento das tarefas que hai que realizar, particularmente do número de mostras de alimentos, augas e praias para analizar, estimado arredor dun 67 % máis de análises.

Xa que logo, requírese unha adaptación dos recursos humanos ás novas necesidades, coa dotación no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia con sede en Lugo dos seguintes postos:

Denominación do posto

Necesidades

Responsables de área

2

Titulado/a superior de laboratorio

1

Titulado/a medio de laboratorio

3

Analista de laboratorio

4

Auxiliar de laboratorio

5

Total de necesidades

15

De tal xeito que a dotación total deste laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo resulta a seguinte:

Denominación do posto

Dotación de postos do Laboratorio de Saúde
Pública de Galicia en Lugo

Xefatura do Servizo Laboratorio Saúde Pública de Galicia en Lugo

1

Responsables de área

4

Titulado/a superior de laboratorio

3

Outros titulados/as superiores

3

Inspector/a veterinario/a de saúde pública de laboratorio

3

Titulado/a medio de laboratorio

4

Analista de laboratorio

14

Auxiliar de laboratorio

10

Auxiliar sanitario

2

Auxiliar administrativo

1

Total dotación de postos

45

III. Ordenación dos recursos humanos dos laboratorios de saúde pública.

No marco das liñas anteriormente expostas, adóptanse as seguintes medidas:

– Postos de traballo ocupados por persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo:

1. O persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo poderá solicitar pasar a prestar servizos con carácter voluntario no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia sito na cidade de Lugo.

2. Sen prexuízo do anterior, as necesidades de persoal constatadas na Consellería de Sanidade e noutros departamentos da Xunta de Galicia, que están a demandar profesionais da mesma especialización, e a garantía de estabilidade dos funcionarios de carreira e persoal laboral fixo, determinan a procedencia de efectuarlle a este persoal oferta para o desempeño, sempre con carácter voluntario, de postos en unidades da Consellería de Sanidade e doutras consellerías da Xunta de Galicia recollidas no anexo I.

Cando este persoal acepte unha oferta que implique cambio de localidade respecto ao destino de orixe, concederáselle un permiso retribuído de 15 días hábiles que se desfrutará do 23 de decembro de 2013 ao 17 de xaneiro de 2014. Así mesmo, sempre que as necesidades do servizo o permitan, as vacacións que este persoal teña pendentes de desfrutar poderán ser aproveitadas ata o 31 de marzo de 2014.

Doutra banda, en execución da sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada nos autos 389/2009, do 15 de xuño de 2009, e da Sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (recurso de suplicación número 4489/2009) do 11 de xullo de 2012, de recolocación por razóns de saúde, o posto de traballo auxiliar de laboratorio, de código SAC991000632001020 no Servizo de Laboratorio de Saúde Pública (Ourense), grupo IV, categoría 11, por pedimento do traballador que vén ocupando o referido posto, ofértaselle posto de traballo con carácter definitivo noutras unidades da Consellería do Medio Rural e do Mar na provincia de Pontevedra conforme se recolle no anexo I. O seu posto traspasarase á antedita consellería, con carácter definitivo unha vez que o interesado exerza a súa opción voluntariamente.

Criterios para pasar a prestar servizos noutras consellerías da Xunta de Galicia.

Os criterios para pasar a prestar servizos, con carácter voluntario, nos departamentos doutras consellerías da Xunta de Galicia serán os seguintes e pola seguinte orde:

a) Para o suposto de existir varios/as funcionarios/as ou laborais interesados/as, designarase o de maior antigüidade de servizos no corpo ou escala, ou no grupo e categoría.

b) Para o caso de que os/as funcionarios/as ou laborais que se van designar teñan a mesma antigüidade no corpo ou escala ou no grupo e categoría, resolverase o empate atendendo á antigüidade de servizos na Administración.

c) De persistir o empate na puntuación tras a aplicación dos criterios sinalados nas alíneas anteriores, designaranse aqueles/as funcionarios/as ou laborais con maiores cargas familiares, de acordo co establecido pola Lei 39/1999, do 9 de novembro, de conciliación de vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

Garantías para o persoal que pase a prestar servizos noutras consellerías da Xunta de Galicia.

Ao persoal que pase a prestar servizos, tanto noutras unidades da Consellería de Sanidade como en unidades noutros departamentos das consellerías da Xunta de Galicia respectaráselle o mesmo réxime xurídico e económico que derive da súa situación de orixe, e o mesmo tratamento que poida derivar de tal réxime.

Este persoal pasará a desempeñar o novo posto co mesmo carácter e situación que tiña no de orixe, e computaráselle o tempo de servizos prestados para poder participar en procedementos de provisión de postos, mediante o sistema de concurso, que se iniciará desde a data en que o persoal funcionario ou laboral tivese ocupado con carácter definitivo o posto de traballo de orixe.

O disposto neste punto entenderase de conformidade coa normativa específica que resulte de aplicación en cada ámbito.

Réxime xurídico do persoal funcionario de carreira da Lei 17/1989.

O persoal funcionario de carreira que voluntariamente pase a prestar servizos en departamentos doutras consellerías da Xunta de Galicia e cuxo réxime está regulado na Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma, e na normativa de desenvolvemento, seguirá rexéndose pola citada normativa aplicable.

Este persoal funcionario de carreira da Lei 17/1989 seguirá conservando todos os seus dereitos como funcionarios da dita lei.

No anexo I reflíctese o traspaso dos postos de traballo a outras consellerías derivado do exercicio da opción polo persoal.

3. Considerando que o exercicio da opción de pasar a prestar servizos noutras consellerías ten carácter voluntario para o persoal, de non optar por ningunha oferta, os postos de traballo ocupados por persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo serán amortizados nos laboratorios de saúde pública de orixe na Coruña, Ourense e Pontevedra.

O persoal funcionario de carreira, de conformidade co artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, quedará á disposición do conselleiro de Sanidade, e «garantiránselle, en todo caso, as retribucións que lle correspondan polo seu grao persoal consolidado e un complemento específico non inferior en máis de dous niveis ao dito grao».

O persoal laboral fixo quedará igualmente á disposición do órgano competente en materia de persoal da Consellería de Sanidade segundo o establecido no artigo 7 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, respectivamente.

Tanto o persoal funcionario de carreira como o persoal laboral fixo continuarán a prestar servizos na localidade do seu destino actual na Consellería de Sanidade.

4. A Administración procederá, nun prazo de 6 meses, a convocar un concurso de traslados das categorías de persoal funcionario das escalas sanitarias afectado polo presente plan.

O persoal funcionario de carreira e o persoal laboral fixo que pase a prestar servizos voluntariamente en unidades doutras consellerías e aqueloutro que non tivera oferta noutra consellería, así como o que quede a dispor, gozarán dunha puntuación adicional nos concursos de traslados nos termos que estes determinen.

– Postos de traballo ocupados por persoal funcionario interino, persoal laboral temporal e persoal laboral indefinido non fixo:

1. Este persoal funcionario interino, persoal laboral temporal e persoal laboral indefinido non fixo por sentenza, foi especificamente contratado nunha praza para o desempeño dunhas funcións que, como consecuencia da centralización de toda a actividade no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, agora van ser desenvolvidas exclusivamente nel.

Por tal motivo, estes postos e o persoal que os ocupa deben ser traspasados ao citado Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, de tal xeito que se manteña invariable o obxecto en virtude do cal o persoal foi contratado e con respecto do réxime xurídico e retributivo del derivado.

Os postos de traballo a que se refire este parágrafo incorporaranse á relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, dependendo do Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo, coa conseguinte recodificación dos citados postos.

2. O persoal laboral indefinido non fixo recollido na disposición transitoria décima do convenio colectivo único cuxas prazas figuran nos procesos de consolidación manterán os mesmos dereitos que a normativa de función pública establece para este colectivo.

Non obstante, o persoal laboral indefinido non fixo recollido na primeira parte da disposición transitoria décima do antedito convenio, que figura no anexo II-bis deste plan, permanecerá na mesma localidade, salvo que voluntariamente opten polo traspaso a Lugo, e nas súas condicións actuais mentres non se leve a cabo o proceso selectivo previsto na disposición transitoria citada.

3. Para os efectos de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral concederase, ao persoal que pase a prestar servizos no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo en aplicación do previsto no presente plan, un permiso retribuído de 15 días hábiles que se desfrutará do 23 de decembro de 2013 ao 17 de xaneiro de 2014.

4. Sempre que as necesidades do servizo o permitan, os períodos de vacacións pendentes de desfrutar polos profesionais afectados poderán ser tomados ata o 31 de marzo de 2014.

5. Así mesmo, como compensación dos gastos de desprazamento, para persoal que pase a prestar servizos no laboratorio de saúde pública de Galicia en Lugo percibirá unha contía equivalente a unha mensualidade das súas retribucións fixas e periódicas na súa devindicación.

Os postos de traballo e as persoas que os ocupan están recollidos no anexo II.

– Postos vacantes non cubertos afectados pola reordenación que se incorporan ao Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo:

Por razóns de interese económico e de organización e como medida de contención do gasto público, os postos de traballo vacantes puros recollidos no anexo III intégranse no Servizo de Laboratorio de Saúde de Galicia en Lugo para a súa posterior amortización e/ou reconversión, de ser necesaria a mesma.

IV. Entrada en vigor.

O presente plan de ordenación de recursos humanos entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014.

ANEXO I
Postos que se traspasan de funcionarios de carreira e laborais fixos a outras consellerías

Código do posto

Denominación do posto

Local.

Forma ocupación

Vinc.

Titulación

RPT

Proposta traspaso
centros de destino *

CSA991000615001011

Responsable área de microbioloxía alimentaria

A Coruña

Definitivo

FC

Licenciado Ciencias Biolóxicas

Lei 17/1989

LMAG (MATI)/CIAM (M.R.)

CSA991000615001012

Responsable área de microbioloxía alimentaria

A Coruña

Definitivo

FC

Licenciado Ciencias Biolóxicas

Lei 17/1989

LMAG (MATI)/CIAM (M.R.)/LCG (IGC)

CSA991000615001014

Titulado superior laboratorio

A Coruña

Definitivo

FC

Licenciado Ciencias Biolóxicas

Lei 17/1989

LMAG (MATI)/CIAM (M.R.)/LCG (IGC)

CSA991000615001025

Titulado medio laboratorio

A Coruña

Definitivo

FC

Diplomado Enfermaría

Lei 17/1989

C. Traballo/LCG (IGC)

CSA991000615001026

Titulado medio laboratorio

A Coruña

Definitivo

FC

Axudante Técnico Sanitario

Lei 17/1989

C. Traballo/LCG (IGC)

SAC991000615001020

Auxiliar sanitario

A Coruña

Definitivo

LF

Bacharelato superior

Laborais

CIAM-LAFIGA (M.R.)

SAC991000615001023

Auxiliar sanitario

A Coruña

Definitivo

LF

Estudos primarios

Laborais

CIAM-LAFIGA (M.R.)

SAC991000615001029

Auxiliar sanitario

A Coruña

Provisional

FC

Estudos primarios

Laborais

C. Sanidade

SAC991000615001031

Auxiliar sanitario

A Coruña

Definitivo

LF

Graduado escolar

Laborais

CIAM-LAFIGA (M.R.)

Código do posto

Denominación do posto

Local.

Forma ocupación

Vinc.

Titulación

RPT

Proposta traspaso
centros de destino

CSA991000632001010

Titulado superior laboratorio

Ourense

Definitivo

FC

Licenciado Farmacia

Lei 17/1989

C. Sanidade

CSA991000632001020

Titulado medio laboratorio

Ourense

Definitivo

FC

Diplomado Enfermaría

Lei 17/1989

C. Traballo/EVEGA (M.R.)

SAC991000632001020

Auxiliar de laboratorio

Ourense

Definitivo

LF

FP2-Laboratorio

Laborais

Execución sentenza saúde. Pontevedra: LOURIZÁN SALCEDO (M.R)

SAC991000632001025

Auxiliar sanitario

Ourense

Definitivo

LF

FP2-Laboratorio

Laborais

EVEGA (M.R.)

SAC991000632001030

Auxiliar sanitario

Ourense

Definitivo

LF

FP1-Clínica

Laborais

C. Traballo

Código do posto

Denominación do posto

Local.

Forma ocupación

Vinc.

Titulación

RPT

Proposta traspaso
centros de destino

CSA991000636001010

Titulado superior laboratorio

Pontevedra

Definitivo

FC

Licenciado Ciencias Biolóxicas

Lei 17/1989

LMAG (MATI)/CIMA (M.R.)

Código do posto

Denominación do posto

Local.

Forma ocupación

Vinc.

Titulación

RPT

Proposta traspaso
centros de destino

CSA991000636001011

Titulado superior laboratorio

Pontevedra

Definitivo

FC

Licenciado Farmacia

Lei 17/1989

C. Sanidade

CSA991000636001012

Responsable área

físicoquímica

Pontevedra

Definitivo

FC

Licenciado Farmacia

Lei 17/1989

C. Medio Rural e do Mar

CSA991000636001014

Titulado superior laboratorio

Pontevedra

Definitivo

FC

Licenciado Ciencias Biolóxicas

Lei 17/1989

LMAG (MATI)/CIMA (M.R.)

CSA991000636001015

Responsable área de microbioloxía

Pontevedra

Definitivo

FC

Licenciado Farmacia

Lei 17/1989

LMAG (MATI)

SAC991000636001020

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Provisional

FC

FP2- Sanitaria

Laborais

LMAG (MATI)/CIMA INTECMAR LOURIZÁN SALCEDO (M.R)

SAC991000636001039

Auxiliar sanitario

Pontevedra

Provisional

FC

FP1-Sanitaria

Laborais

CIMA INTECMAR LOURIZÁN (M.R.)

SAC991000636590005

Auxiliar de laboratorio

Vilagarcía de Arousa

Definitivo

LF

FP1-Sanitaria

Laborais

LMAG (MATI)/CIMA INTECMAR LOURIZÁN (M.R.)

* No caso de que na petición dun posto coincida máis dunha persoa por categoría, aplicaranse para a adxudicación os criterios recollidos no presente plan.

Centros de destino

CIAM -

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo: estrada Betanzos - Santiago, km 7 Mabegondo, 15318 Abegondo, A Coruña

LAFIGA -

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia: estrada Betanzos a Mesón do Vento AC-542, p.q. 7,5. Mabegondo. Abegondo, 15318 A Coruña

LCG -

Laboratorio de Consumo de Galicia: R/ Torres Quevedo, 3-5 A Grela, 15071 A Coruña

EVEGA -

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro): Ponte San Clodio 32427 Leiro, Ourense

INTECMAR -

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia: Peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa

LOURIZÁN -

Centro de Investigación Forestal de Lourizán: estrada Pontevedra-Marín km 4, aptdo. 127, 36080 Lourizán

SALCEDO -

Laboratorio de Sanidade Animal de Salcedo: Centro de Apoio Cabanas, s/n, 36143 Salcedo

CIMA -

Centro de Investigacións Mariñas: Pedras de Corón, s/n, aptdo.13, 36620 Vilanova de Arousa

LMAG (A CORUÑA) -

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia: R/ Torres Quevedo, 3-5. A Grela, 15071 A Coruña

LMAG (PONTEVEDRA) -

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia: estrada Pontevedra-Marín km 4, aptdo. 127, 36080 Lourizán

ANEXO II
Relación de postos de traballo ocupados por persoal funcionario interino, persoal laboral temporal e
persoal laboral indefinido non fixo que se traspasan na relación de postos de traballo do
Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (Lugo)

A Coruña

Código do posto

Denominación do posto

Nivel

Localidade

Forma de ocupación

Grupo

Vinc.

RPT

CSA991000615001013

Responsable área fisicoquímica

22

Coruña, A

Adscrición temporal

A

FI

Lei 17/1989

CSA991000615001027

Titulado medio laboratorio

18

Coruña, A

Adscrición temporal

B

FI

Lei 17/1989

CSA991000615001029

Titulado medio laboratorio

18

Coruña, A

Adscrición temporal

B

FI

Lei 17/1989

CSA991000615001030

Titulado medio laboratorio

18

Coruña, A

Adscrición temporal

B

FI

Lei 17/1989

SAC991000615001018

Analista de laboratorio

Coruña, A

Laboral temporal

III

LI

Laborais

Ourense

CSA991000632001011

Titulado superior laboratorio

22

Ourense

Adscrición temporal

A

FI

Lei 17/1989

Pontevedra

CSA991000636001013

Responsable área de calidade

22

Pontevedra

Adscrición temporal

A

FI

Lei 17/1989

SAC991000636001010

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

SAC991000636001011

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

SAC991000636001012

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

SAC991000636001025

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Laboral temporal

IV

LT

Laborais

SAC991000636001028

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Laboral temporal

IV

LT

Laborais

SAC991000636001031

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Laboral temporal

IV

LT

Laborais

SAC991000636001033

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Laboral temporal

IV

LT

Laborais

SAC991000636001036

Auxiliar de laboratorio

Pontevedra

Laboral temporal

IV

LT

Laborais

ANEXO II (bis)
Relación de postos de traballo ocupados por persoal laboral indefinido non fixo

A Coruña

Código do posto

Denominación do posto

Localidade

Forma de ocupación

Grupo

Vinc.

RPT

Observacións 2

SAC991000615001050

Analista de laboratorio

Coruña, A

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

Disposición transitoria 10.1ª

Ourense

SAC991000632001051

Analista de laboratorio

Ourense

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

Disposición transitoria 10.1ª

Pontevedra

SAC991000636001014

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

Disposición transitoria 10.1ª

SAC991000636001015

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

Disposición transitoria 10.1ª

SAC991000636001016

Analista de laboratorio

Pontevedra

Laboral indefinido

III

LI

Laborais

Disposición transitoria 10.1ª

ANEXO III
Postos vacantes puros que se trasladan a Lugo

A Coruña

Código do posto

Denominación do posto

Nivel

Localidade

Forma de ocupación

Grupo

Vinc.

Observacións

RPT

SAC991000615001025

Auxiliar de laboratorio

Coruña, A

Vacante

IV

LF

B10 Perigosidade

Laborais

SAC991000615001027

Auxiliar de laboratorio

Coruña, A

Vacante

IV

LF

B10 Perigosidade

Laborais

Pontevedra

Código do posto

Denominación do posto

Nivel

Localidade

Forma de ocupación

Grupo

Vinc.

Observacións

RPT

SAC991000636001013

Analista de laboratorio

Pontevedra

Vacante

III

Laborais