Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48543

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) para a realización das obras definidas no proxecto do acceso ao porto de Raxó.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da entidade pública Portos de Galicia á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) para a realización das obras definidas no proxecto do acceso ao porto de Raxó, coas seguintes características:

– Actividade. Tragsa asistirá o órgano de contratación na execución das obras do proxecto de referencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter Tragsa a consideración de medio propio instrumental e técnico da Comunidade Autónoma de Galicia e dos organismos dependentes dela, segundo o disposto no artigo 3 do Real decreto 371/1999, do 5 de marzo, que regula o réxime xurídico de Tragsa, e co acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que toma participación no accionado dela.

– O orzamento total da encomenda de xestión é de 105.349,88 euros (IVE excluído).

– Prazo de vixencia. O prazo de execución dos traballos obxecto da encomenda de xestión será de catro meses, a partir do día seguinte á data da acta de comprobación de implantación das ditas obras.

– Data de formalización. 10 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia