Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48544

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 25 de abril de 2008.

En virtude da Orde do 25 de abril de 2008 (DOG núm. 86, do 6 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

Pola Orde do 14 de maio de 2010 (DOG núm. 94, do 20 de maio) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 14 de maio de 2010, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 20 de decembro de 2013, ás 10.45 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso, a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Obs.

1

MAK191000015001020

22

A2

Especial (escala de subinspección urbanística)

Subinspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Servizos provinciais

Servizo provincial da Axencia na Coruña

A Coruña

Arquitectura técnica, enx. técn. obras públ.

Permiso conducir B (R.I.).

2

MAK191000015001025

3

MAK191000015001027

4

MAK191000015001028

5

MAK191000027001020

22

A2

Especial (escala de subinspección urbanística)

Subinspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Servizos provinciais

Servizo provincial da Axencia en Lugo

Lugo

Arquitectura técnica, enx. técn. obras públ.

Permiso conducir B (R.I.).

6

MAK191000027001021

7

MAK191000027001024

8

MAK191000032001022

22

A2

Especial (escala de subinspección urbanística)

Subinspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Servizos provinciais

Servizo provincial da Axencia en Ourense

Ourense

Arquitectura técnica, enx. técn. obras públ.

Permiso conducir B (R.I.).

9

MAK191000032001023

10

MAK191000032001024

22

A2

Especial (escala de subinspección urbanística)

Subinspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Servizos provinciais

Servizo provincial da Axencia en Ourense

Ourense

Arquitectura técnica, enx.tecn.obras publ.

Permiso conducir B (R.I.).

11

MAK191000036001020

22

A2

Especial (escala de subinspección urbanística)

Subinspector/a urbanístico/a

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Servizos provinciais

Servizo provincial da Axencia en Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica, enx. técn. obras públ.

Permiso conducir B (R.I.).

12

MAK191000036001024

13

MAK191000036001025

14

MAK191000036001026

15

MAK191000036001028