Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48524

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes, e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social, e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data:

Do 20 ao 23 de xaneiro de 2014.

4. Lugar de realización:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, edificio multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

5. Número de prazas:

30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 20.1.2014

15.30-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de insectos, pragas de roedores, pragas de aves.

Métodos de loita

Día 21.1.2014

15.30-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 22.1.2014

15.30-20.45 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 23.1.2014

15.30-20.45 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: do 20 ao 23 de xaneiro de 2014.

Lugar de realización do curso:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés Sete Pías, parcela 101, edificio multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 15.30-20.45 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18; fax: 981 16 81 59, correo electrónico: biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude

EMPRESA

CIF

ENDEREZO

LOCALIDADE

TELF.: FAX:

CORREO ELECTRÓNICO:

APELIDOS:

NOME:

NIF: