Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47253

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (336/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do tenor literal seguinte:

Sentenza 15/2013.

En Ponteareas o vinte e sete de febreiro de dous mil trece.

Vistos por Inés Nicolás Herrero, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, os presentes autos de divorcio contencioso nº 336/2011 seguido entre partes, dunha, como demandante María del Carmen Alonso Oujo, dirixida polo letrado Ángel Carrera Iglesias e representada pola procuradora Nieves Fernández Suárez e, doutra, como demandado Ángel Caballero Pérez, en rebeldía procesual, intervindo o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva:

Admito parcialmente a demanda interposta pola procuradora Nieves Fernández Suárez, en nome e representación de María del Carmen Alonso Oujo fronte a Ángel Caballero Pérez, sobre a base dos seguintes pronunciamentos:

– Declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

– Patria potestade compartida e garda e custodia do fillo menor Bruno a favor da nai.

– O réxime de visitas queda en suspenso, sen prexuízo da súa posterior modificación, sempre e cando cambien as circunstancias.

– Establecer a cargo de Ángel Caballero Pérez unha pensión alimenticia a favor do seu fillo menor na cantidade de 75 euros mensuais, cantidade que deberá aboar na conta designada para o efecto pola demandante e que deberá aboar nos cinco primeiros días de cada mes. A devandita cantidade actualizarase cada doce meses de acordo coa variación do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, servindo como base para cada actualización a pensión fixada máis as sucesivas actualizacións que se vaian producindo. A devandita cantidade poderá ser modificada posteriormente no suposto de que cambien as circunstancias.

Cada proxenitor aboará os gastos extraordinarios por metade.

Non procede a imposición de custas.

Comuníquese esta sentenza ao Rexistro Civil de Hamburgo, Alemaña, onde consta a inscrición do matrimonio, para os efectos da súa anotación marxinal, e líbrense os mandamentos oportunos ao Rexistro Civil do Servizo Consular de España.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados a partir da súa notificación, que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra, de conformidade cos artigos 455 e seguintes da LAC.

Por esta a miña resolución, pronúnciao, mándao e asínao Inés Nicolás Herrero, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ángel Caballero Pérez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 14 de novembro de 2013

A secretaria xudicial