Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (780/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 780/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Martínez Ayerbe, contra a empresa Antonio Vila González, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Sentenza.

A Coruña, 14 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 780/2011, seguidos por instancia de Pedro Martínez Ayerbe, asistido polo letrado Sr. Ferrero Ferrero, fronte á empresa Antonio Vila González, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Pedro Martínez Ayerbe contra a empresa Antonio Vila González, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 4.573,27 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado, dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto a nome deste xulgado, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio Vila González, S.L., expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2013

A secretaria xudicial