Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (775/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 775/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Facal García, Julio Trigo Couto, Severino Bértoa Bastón, Manuel Viña Suárez e Santiago Reino Mira contra a empresa Camilo Ares, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial-Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 00649/2013.

Procedemento: autos núm. 775/2011.

A Coruña, 14 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 775/2011, seguidos por instancia de Severino Bértoa Bastón, José Antonio Facal García, Manuel Viña Suárez, Julio Trigo Couto e Santiago Reino Mira, representados polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, fronte á empresa Construcciones Camilo Ares, S.L., con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Severino Bértoa Bastón, Manuel Viña Suárez, Julio Trigo Couto e Santiago Reino Mira, fronte á empresa Construcciones Camilo Ares, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lles aboe as seguintes cantidades: a Severino Bértoa Bastón, 4.582,61 euros; a Manuel Viña Suárez, 4.582,61 euros; a Julio Trigo Couto, 18.732,45 euros, e a Santiago Reino Mira, 5.849,53 euros.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1532/0000/60/0775/11, onde debe indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «34 social suplicación», e acreditalo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Camilo Ares, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial