Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (613/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 613/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Vázquez Novas contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitek), Zimmer Heim Iberica, S.L., Progametal, S.L., Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., administrador concursal de Progametal, S.L., administrador concursal de Proesga, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrado xuíz: Miguel Herrero Liaño.

Na Coruña o quince de novembro de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Único. O día 10 de outubro de 2013 foi ditada sentenza nos presentes autos. A representación procesual da parte demandante, Francisco Vázquez Novas, presentou escrito en que solicita aclaración desta ao abeiro do artigo 267 LOPX pola existencia de erro material na parte dispositiva.

Fundamentos xurídicos.

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267 LOPX e 214 LAC, procede rectificar o erro material manifesto de transcrición padecido pola resolución ditada en 10.10.2013. Como se deduce do seu propio teor literal, a cantidade obxecto de condena que debe figurar na parte dispositiva ascende a 19.653,97 euros, en coherencia co sinalado na petición da demanda e o feito probado terceiro.

Parte dispositiva.

Acórdase rectificar o erro material de transcrición padecido pola sentenza ditada en autos o 10 de outubro de 2013, no sentido de que cando na parte dispositiva se alude á cantidade de 11.219,06 euros, debe entenderse que se refire á cantidade de 19.653,97 euros.

Modo de impugnación: contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitek), Zimmer Heim Iberica, S.L., Progametal, S.L., Tecnolica y Diseño de Interiores, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L. e Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de novembro de 2013

A secretaria xudicial