Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47251

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (252/2011).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, fai saber que no procedemento de referencia foi ditada a resolución cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 00104/2013.

Betanzos, 4 de xullo de 2013.

Os presentes autos de xuízo verbal número 252/2011 foron vistos por Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos.

Foron demandantes Dolores Blanco Tomé, en nome propio e en beneficio da comunidade hereditaria xurdida ao falecemento de Francisco Blanco Recarey, e Encarnación Boado Vázquez, representada pola procuradora dos tribunais Sandra Amor Vilariño e defendida pola letrada Sandra Pena Barbeito. Foi demandado Ramón Barallobre Boado e os seus herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Álvarez García. Sobre declaración de propiedade e outros aspectos.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de Dolores Blanco Tomé, que actúa en beneficio da comunidade hereditaria formada por ela mesma e por Guadalupe, Margarita e José Blanco Tomé, debo declarar e declaro a propiedade de Encarnación Boado Vázquez e Francisco Blanco Recarey sobre o terreo descrito no feito primeiro da demanda como termo municipal de Oza dos Ríos, parroquia de Santa Cruz de Mondoi, lugar de Loureiros, parcela de secaño número 560 do plano xeneral de concentración da zona Mondoi-Porzomillos, cunha extensión superficial de sete áreas e sesenta e nove centiáreas que estrema, norte e leste, con Francisco Blanco Recarey (561); sur, camiño público, e oeste, con Encarnación Boado Vázquez (559); e na actualidade, a pertenza do devandito terreo á comunidade hereditaria de Encarnación Boado Vázquez e Francisco Blanco Recarey, formada polos seus netos, Dolores Blanco Tomé, Guadalupe Blanco Tomé, José Blanco Tomé e Margarita Blanco Tomé, procedendo a cancelar a inscrición rexistral contraditoria deste dominio.

Non se fai imposición de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ramón Barallobre Boado e dos seus herdeiros descoñecidos e incertos, expídese este edicto para que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial