Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47250

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (945/2012).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Manuel Marcos Mariño fronte a Verónica Martínez Pereiro ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 25 de xaneiro de 2013, os presentes autos de xuízo verbal número 945/2012, seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Marcos Mariño, representado pola procuradora Jacqueline Rodríguez Díaz e asistido pola letrada Amelia López, contra Verónica Martínez Pereiro, en situación rebeldía procesual.

Ditamino:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Jacqueline Rodríguez Díaz, en nome e representación de Manuel Marcos Mariño, contra Verónica Martínez Pereiro, condeno a demandada ao pagamento da suma de dous mil setecentos cincuenta euros (2.750 €), incrementada cos xuros legais devindicados desde o acto de conciliación que tivo lugar o 17 de xullo de 2012, con expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta sentenza non cabe recurso de apelación.

Así o pronuncia e asina».

E encontrándose a dita demandada, Verónica Martínez Pereiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 24 de setembro de 2013

O secretario xudicial