Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47249

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (396/2012).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. fronte a João Ricardo Martínez Gonçalves, José Antonio Estévez Mendes e Iury Santos de Melo, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do seguinte teor:

Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 9 de outubro de 2012, os presentes autos de xuízo verbal número 396/2012, seguidos ante este xulgado por instancia da aseguradora Allianz, S.A., representada pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda e asistida polo letrado José Carlos González Fernández, contra João Ricardo Martínez Gonçalves, José Antonio Estévez Mendes e Iury Santos de Melo, en situación de rebeldía procesual.

Ditamino:

Que desestimando a demanda interposta pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, en nome e representación da Cia. Aseguradora Allianz, S.A., contra João Ricardo Martínez Gonçalves, José Antonio Estévez Mendes e Iury Santos de Melo, absolvo os demandados dos pedimentos formulados na súa contra, con expresa imposición das custas procesuais causadas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audencia Provincial de Ourense. O recurso interporase por escrito ante este xulgado no prazo de 20 días seguintes á súa notificación, acreditando a consignación do preceptivo depósito.

E encontrándose os demandados João Ricardo Martínez Gonçalves, José Antonio Estévez Mendes en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Ourense, 17 de xullo de 2013

O secretario xudicial