Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47247

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (550/2012).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 550/2012, seguido por instancia de Adidas España, S.A., contra Colonial Trade, S.L., en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, nos que, por Resolución do 29 de abril de 2013, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ferrol.

Sentenza 116/2013.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: vinte e nove de abril de dous mil trece.

Demandante: Adiadas España, S.A.

Avogada: Eva Castejón Zueco.

Procurador: Luis Sánchez González.

Demandado: Colonial Trade, S.L. (rebelde).

Procedemento: procedemento ordinario 550/2012.

Resolución.

Estimo integramente a demanda presentada por Adidas España, S.A. contra Colonial Trade, S.L., e condeno a segunda a indemnizar a primeira en:

(1) Dezaseis mil trescentos setenta e seis euros con trinta e oito céntimos, derivado de subministración de material impagado e gastos bancarios xerados.

(2) Os xuros da devandita cantidade desde o 12.7.2012, ao tipo fixado na Lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade.

(3) As custas do procedemento.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación que se interpoñerá, ante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial. De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da LOPX, nos seus números 4 e seguintes, para a interposición do devandito recurso será precisa a consignación como depósito de 50 euros, cantidade que será ingresada na conta de consignacións xudiciais deste xulgado.

Deberá acreditar, igualmente, o ingreso da taxa correspondente.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma ao demandado en rebeldía Colonial Trade, S.L., en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente.

Ferrol, 30 de abril de 2013

O secretario xudicial