Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46841

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (293/2012).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución din literalmente:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes.

Sentenza 79/2013.

Xuízo verbal 293/2012.

Sentenza:

Ordes, 23 de outubro de 2013.

Vistos por min, José Manuel Pérez Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, os presentes autos de xuízo verbal co número indicado, acción declarativa de dominio, no que foi parte demandante Camilo Méndez Sánchez, representado pola procuradora Sra. Calvo Rivas e asistido pola letrada Sra. Salvado Duro, e partes demandadas os herdeiros descoñecidos e incertos de Catalina Porro Marzoa, José Porro Rodríguez e os herdeiros descoñecidos e incertos deste e Osvaldo José Porro Novoa, todos eles en rebeldía procesual, recaeu a presente con base nos seguintes.

Decido que, tendo por desistida a parte demandante da acción exercida fronte a Osvaldo José Porro Novoa e estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Calvo Rivas, en nome e representación de Camilo Méndez Sánchez, debo declarar e declaro o dominio a favor deste respecto dos dous terreos rústicos sitos no termo de Abellá, Frades, descritas no feito primeiro da demanda (que se describen no primeiro dos antecedentes de feito da presente resolución), ordeno a cancelación das actuais inscricións rexistrais practicadas sobre os devanditos terreos a favor de Catalina Porro Marzoa e de José Porro Rodríguez, e que se proceda á inscrición destas a favor de Camilo Méndez Sánchez (no sentido indicado no inciso final do fundamento xurídico segundo).

Impóñense as custas procesuais aos demandados.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais ocasionadas pola desistencia.

A presente resolución é firme e fronte a ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación aos herdeiros de Catalina Porro Marzoa e herdeiros de José Porro Rodríguez, expido o presente.

Ordes, 29 de outubro de 2013

A secretaria xudicial