Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46840

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (1/2009).

Nos autos de divorcio número 1/2009 seguidos por instancia de Amelia Ogando Reinoso contra Carlos Chávez Núñez, o 22.5.2009 ditouse sentenza pola que declarou a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos os dous, cos efectos legais inherentes a tal declaración sen facer declaración sobre as custas procesuais. Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días.

Expídese o presente para a súa publicación e para que sirva de notificación en forma da sentenza a Carlos Chávez Núñez, en ignorado paradoiro.

O Carballiño, 20 de marzo de 2013

O secretario