Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46839

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3349/12-RCUD 286/12 MAY).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3349/2012-RCUD 286/12 MAY, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo, Jaime Rodríguez Iglesias, contra Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa) sobre resolución de contrato, foi ditado polo Tribunal Supremo auto no 12.9.2013 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Miguel Lamela Méndez, en nome e representación de José Antonio Troncoso Oliveira e outros contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 11 de outubro de 2012, no recurso de suplicación número 3349/2012, interposto por José Antonio Troncoso Oliveira e Benjamín Lorenzo Domínguez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo do 31 de xaneiro de 2012, no procedemento nº 1010/2011 seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo e Jaime Rodríguez Iglesias contra Taguive, S.L., María Dolores Carpintero Vázquez (como administradora concursal), Industrias de Tableros de Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despido […]. Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente […]. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación».

E para que sirva de notificación en forma a Fibras de Madera, S.A. (Inavalsa) expido este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial