Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46836

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CITACIÓN para xuízo (PO 59/2013-S).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento ordinario 59/2013-S deste tribunal, seguido por instancia de Tahia Prieto Rodríguez contra a empresa Distribuidora de Cremalleras Vitoria Z, S.L., Gesem R. Costas, S.L., R.C.Fil Distribuciones, S.L., Catarina Textil, S.L. e a administradora concursal de Catarina Textil, S.L., María Jesús Moreira García, sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar:

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Asunto en que se acorda:

Despedimento colectivo 59/13.

Persoa que se cita como demandada:

Representante legal de Distribuidora De Cremalleras Vitoria Z, S.L.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/os acto/s de conciliación e, se for o caso, xuízo, e tamén, se a parte contraria o pide e a sala o admite, contestar o interrogatorio que aquela poida formular.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer no día 9 de xaneiro de 2014 ás 10.15 na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, sita na Coruña, praza de Galicia, s/n, primeiro andar, sala 2, ao acto de conciliación ante a secretaria xudicial e, en caso de que non se chegue a avinza, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A falta de comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, polo que este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que utilizará no acto do xuízo avogado para a súa defensa, procurador ou graduado social para a súa representación, o que se comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo coas probas de que se tente valer. Se precisar dalgunha outra proba que requirise a práctica dalgunha dilixencia por parte desta oficina xudicial, deberá solicitala cunha anticipación suficiente á data sinalada para o acto do xuízo.

4º. Ao ter a condición de persoa xurídica, ponse no seu coñecemento que será o seu legal representante quen deberá comparecer ao acto do xuízo para a práctica do interrogatorio, sempre que tivese intervido nos feitos controvertidos no proceso. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que tivesen actuado nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar á oficina xudicial un domicilio para notificacións e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, baixo apercibimento do disposto no artigo 53.2 LRXS. No primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca.

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperaren á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto na LRXS, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes e xustifiquen a submisión á mediación, e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

A Coruña, 11 de novembro de 2013».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de citación en forma a Distribuidora de Cremalleras Vitoria Z, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, estrada de Camposancos nº 52, 36213, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial