Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (653/2013).

Juan Rey Pita, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 653/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Edreira Veiga contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Manuel Fernández Fernández e a comunidade de propietarios da rúa Enrique Mariñas, 26-28-30, da Coruña, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decido que, con estimación da demanda formulada por María Ángeles Edreira Veiga, contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., debo de declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante. Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a empresa demandada a que aboe á demandante unha indemnización por un importe de oitocentos corenta e un euros con corenta e dous céntimos (841,42 €).

Debo absolver e absolvo o codemandado Manuel Fernández Fernández. Así mesmo, debo declarar e declaro desistida a acción iniciada pola demandante fronte á comunidade de propietarios da rúa Enrique Mariñas, 26-28-30, da Coruña.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L. e a Manuel Fernández Fernández, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de novembro de 2013

O secretario xudicial