Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (51/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 51/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Iglesias Silva contra a empresa José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (baixo o nome comercial de Peluquería Diseño), José Antonio Iglesias Garaboa e María José Yáñez Rodríguez, sobre despedimento, ditouse decreto número 513/2013, o 25 de outubro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, dos executados José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (baixo o nome comercial de Peluquería Diseño) con CIF G15434343; José Antonio Iglesias Garaboa, con DNI 34888778D, e María José Yáñez Rodríguez, pola suma de 9.175,20 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial