Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (984/2012).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 984/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vazquez Pampín contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimo a demanda interposta por Francisco Javier Vázquez Pampín contra as mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil Gasamáns, S.L. con efectos do 31.10.2012.

2. Declaro extinguida a día de hoxe (12.6.2013) a relación laboral existente entre Francisco Javier Vázquez Pampín e as mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L.

3. Condeno, conxunta e solidariamente, as empresas Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de 30.635,94 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Escayolas Gasamáns, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial