Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (304/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 304/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Vilariño Feáns contra a empresa Moure Pan, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o trece de novembro de dous mil trece.

Únase a anterior citación remitida á demandada e devolta con resultado negativo. Consúltense as bases de datos informáticos co fin de descubrir novo domicilio da demanda.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 18.11.2013 e procédese á súa nova sinalización o día 9.12.2013 ás 8.45 e 8.50 horas, respectivamente.

Cítese a demandada por medio de edictos que se inserirán no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial