Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (715/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 715/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Viño Vaamonde contra as empresas Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, catro de novembro de dous mil trece.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistida a María Teresa Viño Vaamonde da súa demanda de modificación substancial das condicións de traballo fronte a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroestes, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 LXS.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Plantel Servicios y Obras, S.L. e Sertran Noroeste, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial