Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-126/13 e OU-E-150/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 14 de novembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Jefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-126/13.

NIF: 76733270A.

Denunciada: Sandra Escudero Pérez.

Enderezo: Chao da Curra, polígono 114, parcela 31, A Veiga (Ourense).

Establecemento: Echeokay, Chao da Curra, polígono 114, parcela 31.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 301 €.

Número de expediente: OU-E-150/13.

NIF: 36145787E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Miguel de Cervantes, 16, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.