Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1016/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1016/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Gestiones y Promociones Construteide, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando a demanda que en materia de cantidade foi formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mercantil Gestiones y Promociones Construteide, S.L., debo de condenar e condeno a Gestiones y Promociones Construteide a que reintegre á demandante a cantidade reclamada de tres mil cincocentos cinco euros con noventa e cinco céntimos, en concepto de asistencia médico-farmacéutica e prestacións de incapacidade temporal devindicada e/ou aboada aos traballadores relacionados no segundo dos feitos probados desta resolución, a consecuencia dos accidentes de traballo sufridos por eles.

Así mesmo, declaro, respecto á referida cantidade, a responsabilidade civil subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1043 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.1043.11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestiones y Promociones Construteide, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2013

O secretario xudicial