Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (756/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 756/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vidal Sobradelo contra a empresa Autos Carrofeito, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Miguel Ángel Vidal Sobradelo fronte a Autos Carrofeito, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a aboar ao demandante 6.529,45 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET, e condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial