Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (334/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 334/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Karen Almaro Elizade contra a empresa Merca Eiras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 267/2013.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2013.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 334/2013, promovidos ante este xulgado sobre acción de extinción contractual, reclamación de cantidade e despedimento, por instancia de Karen Almaro Elizarde, asistida pola letrada Sonia M. Viqueira Ferreiro, contra a empresa Merca Eiras, S.L., que non comparece, e o Fogasa, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada pola demandante Karen Almaro Elizarde contra Merca Eiras, S.L. e, en consecuencia, declaro a extinción da relación contractual e o aboamento das cantidades reclamadas e desestimo a acción de despedimento. Polo tanto:

1º. Declaro resolto o contrato de traballo que une a demandante coa empresa na data da presente sentenza e por causas imputables á empresa, e condeno esta a pagar á demandante 7.141,18 euros en concepto de indemnización.

2º. Condeno a demandada a aboar á demandante 4.348,73 euros en concepto de salarios atrasados ata o mes de marzo de 2013 máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Merca Eiras, S.L. por acharse en ignorado paradoiro, insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial