Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 185/2012 e acumuladas deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat López Botana e outras, contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 12 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo ampliar o embargo realizado sobre os bens da executada, que son os seguintes:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais, por importe de 228.074,68 euros, dando de baixa a anotación existente.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos das aplicacións informáticas, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial, que ascende a 228.074,68 euros.

Ben inmoble, consiste no 50 % do predio número 2.227:

Dado que o 50 % do predio referido é titularidade de Beatriz Rodríguez Nouel, antes de expedir o mandamento ao Rexistro da Propiedade nº 2 desta cidade, para anotar a ampliación do embargo, notifíqueselle a Beatriz Rodríguez Nouel, para os efectos ao artigo 144 do Regulamento hipotecario, para os efectos oportunos. Lévese a cabo a través do Diario Oficial de Galicia, por constar nos autos como negativo o intento no domicilio obtido nas bases de datos informáticas.

Unha vez que se verifique o anterior, expídase mandamento coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para que se faga a anotación preventiva do embargo no Rexistro da Propiedade. Remítase ese mandamento por (inserir medio polo cal se envía o mandamento, xa sexa por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC), no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que o graven ou, de ser o caso, que está libre de cargas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188.2 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público de Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta de depósitos e consignacións do Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Español de Crédito, conta número 0030 1846 42 0005001274, debendo indicar no campo concepto, a indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso) seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, así como a Beatriz Rodríguez Nouel, esta última para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

A secretaria xudicial