Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013 de cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia do Club Ciudad de Vigo Básquet.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 16 de maio de 2013, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa solicita a cancelación da súa incrición como presidente do Club Ciudad de Vigo Básquet con número de Rexistro C-08770, e a cancelación da inscrición da propia entidade por causa da absoluta situación de inactividade en que se atopa.

Segundo. O 29 de maio de 2013 efectúase o requirimento á entidade deportiva a fin de que presente a documentación necesaria para realizar a inscrición da modificación da xunta directiva, indicando nel que o incumprimento desta exixencia determinará a cancelación da inscrición do Club Ciudad de Vigo Básquet no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia. A documentación foi devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Terceiro. De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común publicouse, no Diario Oficial de Galicia número 125, do 3 de xullo de 2013, a Cédula do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, de notificación de apertura de expediente administrativo para a modificación no Rexistro de Entidades Deportivas do Club Ciudad de Vigo Básquet (expediente PR946B-2013 0000108-0).

Cuarto. Así mesmo, e de acordo co establecido polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, a dita cédula estivo exposta no taboleiro oficial de anuncios do Concello de Vigo desde o 2 de xullo de 2013 ata o 19 de xullo de 2013 sen que os interesados presentasen a documentación requirida no procedemento.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A presente resolución corresponde á Secretaría Xeral para o Deporte en virtude do establecido no artigo 5.1.g) da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, así como no Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Segundo. Resultan de aplicación no procedemento a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Orde do 17 de maio de 1983 pola que se regula o funcionamento do Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia, o Decreto 216/1997, do 30 de xullo, polo que se crea o Servizo de Resposta Inmediata da Xunta de Galicia (Seri) e se regula o seu funcionamento.

Terceiro. Cúmprese neste caso o disposto nos artigos 11 e 9 da Orde do 17 de maio de 1983 e que establece a obriga dos clubs, federacións e entidades deportivas de solicitar a inscrición no rexistro dos cambios e alteracións que se produzan en relación aos datos consignados xuntando a documentación correspondente, determinado o non cumprimento desta obriga a cancelación da inscrición.

Por todo o exposto, e en cumprimento do previsto no artigo 84 da Lei 30/1992,

RESOLVO:

Cancelar no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia a inscrición da entidade Club Ciudad de Vigo Básquet co número C-08770, con todas as consecuencias inherentes a ela incluído o disposto no artigo 7 da Orde do 17 de maio de 1983, e sen prexuízo das responsabilidades de calquera tipo que poidan ser exixibles nos termos legalmente establecidos.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa poderá interponerse recurso de reposición perante o secretario xeral para o Deporte no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte