Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (135/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 135/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ascariz Rodríguez contra as empresas Dieta, Deportes y Tecnología, S.L., Laboratorios Quality Pharma Nutrición, S.L., Nutrición, Alimentación y Deporte, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 580/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 135/2013.

Demandante: Ana María Ascariz Rodríguez.

Letrado: Sr. López Mosteiro.

Demandado: Dieta, Deportes y Tecnología, S.L., Laboratorios Quality Pharma Nutrición, S.L., Nutrición, Alimentación y Deporte, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado: Sra. Prosper Montalvo.

A Coruña, 14 de outubro de 2013.

Resolución:

1º. Desestimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Ana María Ascariz Rodríguez contra a empresa Dieta, Deportes y Tecnología, S.L., Laboratorios Quality Pharma Nutrición, S.L., Nutrición, Alimentación y Deporte, S.L. por causa de atrasos continuados no pagamento dos seus salarios e, en consecuencia, absólvoas desta petición formulada contra elas.

2º. Estimo parcialmente a acción de reclamación de salarios debidos, e condeno as empresas demandadas a lle pagar á traballadora de forma solidaria, no citado concepto de salarios debidos, a cantidade de 1.253,69 euros, co xuro de mora do 10 %.

3º. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Dieta, Deportes y Tecnología, S.L., Laboratorios Quality Pharma Nutrición, S.L., Nutrición, Alimentación y Deporte, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial