Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (586/2013).

Manuel J. Marín Madrazo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 586/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Hernández Benito contra a empresa Hostelga Coruña, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza nº 328/2013.

Salamanca, 30 de outubro de 2013.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero, os presentes autos número 586/2013 seguidos por instancia de Jesús Hernández Benito, como demandante, asistido polo letrado Miguel Sánchez Redondo, contra a empresa Hostelga Coruña, S.L., que non compareceu en autos, e Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Agustín Blanco Ledesma, como demandados, sobre reclamación de cantidade.

Ditame:

Que desestimando a demanda deducida por Jesús Hernández Benito contra a empresa Hostelga Coruña, S.L. e Fogasa, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións deducidas fronte a eles.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, con indicación de que contra esta sentenza non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hostelga Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no boletín oficial da Comunidade Autónoma galega».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 31 de outubro de 2013

Manuel Marín Madrazo
Secretario xudicial