Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1216/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra Celce, S.A., Maconsi, S.L., Servicio Gallego de Salud en procedemento ordinario 1216/2011, se acordou citar a Maconsi, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, planta baixa, sala de vistas nº 3, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 2 de decembro de 2013, ás 12.00 horas, á práctica do interrogatorio que se acordou como dilixencia final. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírtese de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Maconsi, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013

A secretaria xudicial