Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (229/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 229/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Manuel Casanova Lameiro contra a empresa Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución coa parte dispositiva é a seguinte:

«Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Julio Manuel Casanova Lameiro coa empresa Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Julio Manuel Casanova Lameiro.

Indemnización: 4.138,50 euros (catro mil cento trinta e oito euros con cincuenta céntimos).

Salarios: 1.859 euros (só 44 días) (mil oitocentos cincuenta e nove euros).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

Lugo, 6 de novembro de 2013

O secretario xudicial