Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (74/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio José Losada Romero contra a empresa Canalonsa, C.B., Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., José Vicente Carballo Castiñeira e Avelino Carballo Castiñeira sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións auto en que se despacha execución e dilixencia de ordenación que din:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Julio José Losada Romero, fronte a Canalonsa, C.B., Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., parte executada, por importe de 21.878 euros en concepto de principal, máis outros 4.300 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Acórdase notificar o auto en que se despacha execución a Avelino Carballo Castiñeira e a José Vicente Carballo Castiñeira en calidade de comuneiros das empresas Canalonsa, C.B., e requírense para que ingresen na conta aberta neste xulgado en Banesto, co número 2322 0000 64 0074/13, a cantidade de 21.878 euros de principal máis 4.300 euros orzados para xuros e custas, co apercibimento de que, de non o faceren, se procederá pola vía de constrinximento.

Advírtese o destinatario Avelino Carballo Castiñeira de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 30 de outubro de 2013

O secretario xudicial