Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46040

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (595/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 595/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Regueira Docampo contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Kátedra Profesional, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 16 de outubro de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Raquel Regueira Docampo contra Katedra Profesional, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Katedra Profesional, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.146,86 €, como indemnización por despedimento obxectivo, incrementada cos xuros por mora computados conforme se recolle no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Kátedra Profesional, S.L, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2013

A secretaria xudicial