Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46039

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (836/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 836/2011, por instancia de Miguel Villar Sánchez contra a empresa Visantel, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 25 de outubro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Miguel Villar Sánchez contra Visantel, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Visantel, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de nove mil douscentos trinta e un euros con oitenta e cinco céntimos (9.231,85 euros), máis novecentos vinte e tres euros con dezaoito céntimos (923,18 euros) en concepto de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Visantel, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de novembro de 2013

A secretaria xudicial