Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46037

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (115/2012).

Nos autos de ordinario número 115/2012, seguidos por instancia do procurador Roberto Aba Veiga, en nome e representación de Dolores Castro Barreiro, contra Benita Vázquez Barreiro, ditouse con data 13.7.2012 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza número 83/12.

Procedemento: xuízo ordinario número 115/2012.

En nome da súa maxestade o rei.

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, ditou a seguinte

Sentenza

Betanzos, 13 de xullo de 2012

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 115/2012, sobre prescrición adquisitiva, no que son partes a demandante Dolores Castro Barreiro, asistida polo letrado Sr. Romay Roldán e representada polo procurador Sr. Aba Veiga, e a demandada, Benita Vázquez Barreiro, en situación de rebeldía procesual.

Ditame

Estimando integramente a demanda interposta por Dolores Castro Barreiro, asistida polo letrado Sr. Romay Roldán e representada polo procurador Sr. Aba Veiga, contra a demandada, Benita Vázquez Barreiro, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o dereito de propiedade sobre o terreo sito en Montouto, Abegondo, no sitio do Pazo, da superficie de 22 áreas e setenta e unha centiáreas, equivalente a cinco ferrados e seis cuartillos. Linda ao norte, María Antonia Barreiro Miranda e outros; sur, Fernando Vilas Díaz e Constantino Manteiga e outra; leste, camiño; oeste, María Antonia Barreiro Miranda e outros, a favor da sociedade de gananciais que integran Dolores Castro Barreiro e José González Ríos, e deberá ser respectada na quieta e pacífica posesión do inmoble. Condeno a demandada a estar e a pasar por tal declaración; procede igualmente a cancelación de calquera atribución ou inscrición rexistral que figure no Rexistro da Propiedade de Betanzos e que contradiga o pronunciamento declarativo contido nesta resolución.

Todo iso sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que lle sirva de notificación en forma á demandada Benita Vázquez Barreiro, expídese o presente edicto.

Betanzos, 17 de xullo de 2012

A secretaria xudicial