Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46035

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de novembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

Pola Orde do 16 de setembro de 2013 (DOG nº 191, do 7 de outubro) anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 16 de setembro de 2013 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o cesamento no actual destino da pesoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días a partir do día seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde presta actualmente servizos o/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. No caso de baixa por incapacidade temporal, iniciarase o cómputo a partir da data da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXOs

Datos persoais:

Apelidos e nome: Fuentes Suárez, Mª Isabel.

NIF: 76338732-F.

Corpo/escala: persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Desenvolvemento Profesional.

Código do posto: SAS050000215770017.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.