Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (158/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 158/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Sánchez Arantón contra a empresa Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Granitos y Mármoles El Port, S.L., Helat Invest, S.L. e Construcciones Lista Christensen, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Miguel Sánchez Arantón, contra a entidade Granitos de La Coruña, S.A. (e Eurogranit, S.A.), e Lista Granit, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 5 de decembro de 2012, con efectos do 21 de decembro de 2012, e condeno solidariamente a que as entidades Granitos de La Coruña, S.A. e Lista Granit, S.A., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 52,83 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 57.254,52 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Miguel Sánchez Arantón contra as entidades Granitos y Mármoles El Port, S.L., Control Art, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L. e Held Invest, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas de todo o pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Eurogranit, S.A. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de novembro de 2013

A secretaria xudicial