Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (259/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento número 259/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fernández García contra a empresa Toso Mariña, S.L., sobre cantidade, se expediu a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda:

Procedemento ordinario 259/2013.

Persoa que se cita:

Toso Mariña, S.L. como parte demandada.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao acto de conciliación, e se é o caso xuízo. Concorrerá a tales actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer o día 11.4.2014, ás 11.15 na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4 - sala 9 - Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o secretario xudicial e, en caso de non avinza, ás 11.15 do mesmo día, na planta 4 - sala 9 - Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación, e se é o caso xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación -procurador ou graduado social para a súa representación-, o cal se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigos 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Para tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Así mesmo, poderán solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigos 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas: interrogatorio.

Ao ter a condición de persoa xurídica, ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por conta da cal actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigos 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales se lle convoca (artigos 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 4 de abril de 2013

O secretario xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Toso Mariña, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 4 de novembro de 2013

O secretario xudicial