Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1018/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1018/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Martínez contra a empresa Estructuras Técnicas Noreste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Copcisa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando a demanda formulada por Francisco Sánchez Martínez contra Estructuras Técnicas Noroeste, S.L. e Copcisa, debo de condenar e condeno a que ambas as empresas aboen solidariamente ao demandante a cantidade global de dous mil dezasete euros con sesenta e sete céntimos máis os xuros de demora do 10 %.

Ningunha responsabilidade alcanza o Fogasa nesta instancia, conforme o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, de que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estruturas Técnicas Noreste, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de novembro 2013

A secretaria xudicial