Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45695

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (90/2012).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 90/2012, seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A. fronte a José Luis Pereiras Iglesias, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estímase integramente a demanda formulada polo procurador sr. García-Piccoli Atanes, en representación da entidade Financiera El Corte Inglés E.F.C., S.A., contra José Luis Pereiras Iglesias, en situación procesual de rebeldía, e condénase o demandado a pagar á demandante a cantidade de 505,72 euros en concepto de principal e xuros moratorios percibidos desde a data de vencemento de cada un dos recibos que resultaron impagados ata a data de interposición da demanda (7.3.2012), con expresa imposición de custas ao demandado.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que, de acordo coa reforma introducida no artigo 455 da Lei de axuizamento civil pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, ao non superar a contía do procedemento os 3.000 euros, non cabe interpoñer contra ela recurso de apelación.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, José Luis Pereiras Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Padrón, 3 de maio de 2013

Eduardo José Castaño Barreiro
Secretario xudicial