Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44754

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (65/2013).

Celia Carmen Rodríguez Arias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, anuncio no presente procedemento seguido por instancia de Vida Ansah contra Joseph Ansah foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada polo procurador sr. Sanjuán Fernández en nome e representación de Vida Ansah, contra Joseph Ansah en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 27 de xaneiro de 2002, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo.

Acórdanse as seguintes medidas que han rexer as relacións entre os cónxuxes, sen prexuízo da súa modificación, no caso de variación das circunstancias concorrentes no momento da súa adopción:

Primeira. Sen prexuízo da patria potestade compartida, atribúese a Vida Ansah a custodia dos fillos comúns do matrimonio menor de idade Contance, Michael e Sarah.

Segunda. Atribúese á esposa e aos fillos do matrimonio o uso e desfrute do domicilio familiar e obxectos do enxoval que se encontran nel.

Terceira. Joseph Ansah deberá aboar en concepto de contribución ás cargas do matrimonio como alimentos aos fillos a suma de 600 euros ao mes, que o pai deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, e cuxa primeira elevación se producirá ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Respecto dos gastos extraordinarios dos fillos, serán aboados por metade por ambos os dous proxenitores cando exista acordo sobre a súa realización, teñan orixe médica ou educativa ou cando sexan autorizados xudicialmente na falta de acordo dos cónxuxes. Fóra destes supostos, os gastos extraordinarios serán satisfeitos por aquel dos proxenitores que acordase a súa realización.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento canto ás custas procesuais.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data nela indicados. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma legal a Joseph Ansah, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de outubro de 2013

A secretaria xudicial