Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44756

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (375/2010).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, polo presente anuncio que neste xulgado séguese procedemento civil co número 375/2010 e ditouse sentenza, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«Que, estimando en esencia a demanda interposta pola procuradora Sra. Domelo Gómez, en nome propio e representación de Manuela Botana Moar, actuando en nome propio e no da comunidade de herdeiros de Teodoro Ferreiro Gómez, debo declarar e declaro que a parte demandante é propietaria do terreo descrito no feito primeiro da demanda, procedendo, en consecuencia, a cancelación de todas as inscricións contraditorias que puidesen existir no Rexistro da Propiedade.

Sen expresa condena en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, contra a que cabe recurso de apelación que se presentará ante este xulgado nos vinte días seguintes á notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña».

E encontrándose incertos herdeiros de Manuel Blanco Ponte e José María Blanco Ponte en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ordes, 7 de outubro de 2013

A secretaria xudicial