Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (441/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número 441/2013, por instancia de Leonor Rodríguez Suárez contra a empresa Panadería Ventura, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, en que o día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo Leonor Rodríguez Suárez contra a empresa Panadería Ventura, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 25 de abril de 2013, notificado o 5 de maio de 2013, e extinguida no día de hoxe (23 de outubro de 2013) a relación laboral que vinculaba a Leonor Rodríguez Suárez coa entidade Panadería Ventura, S.L., condenando a entidade Panadería Ventura, S.L. ao aboamento dunha indemnización de 39.666,40 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Leonor Rodríguez Suárez contra a empresa Panadería Ventura, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Panadería Ventura, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 591,83 euros líquidos e 14.250,24 euros brutos por salarios devindicados entre xuño de 2012 e abril de 2013 (25 días), incluíndo pagas extras así como o xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Panadería Ventura, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial