Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (138/2013).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 138/2013, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Alberto Pereira da Silva e María Teresa Collazo Gandarela ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ourense o dezanove de setembro de dous mil trece.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario, número 138/2013, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, asistida polo letrado Sr. Baltar Pombo, contra Alberto Pereira da Silva e María Teresa Collazo Gandarela, ambos en situación de rebeldía neste procedemento. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., contra Alberto Pereira da Silva e María Teresa Collazo Gandarela, debo condenar e condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade de dezanove mil catrocentos corenta e un euros e vinte e catro céntimos, máis os xuros de demora pactados percibidos desde o día 19 de outubro de 2012, e impoñerlles expresamente as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

María José González Movilla. Asinado e rubricado».

E encontrándose os demandados, Alberto Pereira da Silva e María Teresa Collazo Gandarela, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 4 de outubro de 2013