Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (779/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 779/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio José Losada Romero contra Canalonsa Aluminio Lugo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Julio José Losada Romero, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e con intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia estar debidamente citado, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de mil centro trinta e seis euros con vinte e oito céntimos (1.136,28 euros) máis o 10 % por mora, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Isto con imposición de custas á parte demandada (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interveniente, ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe recurso de suplicación, por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Canalonsa Aluminio Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 28 de outubro de 2013

O secretario xudicial