Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (808/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 808/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Jesús Lodeiro Regueiro contra Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L., sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que, estimando a demanda interposta pola demandante Mª Jesús Lodeiro Regueiro contra a empresa Systemic Servicios de Mantenimiento, S.L., debo condenar e condeno esta a que aboe á demandante a cantidade de 2.353,74 euros polos conceptos reclamados en demanda, así como o dez por cento de xuro de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial