Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 63/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Taracido Mosquera contra o empresario José Ramón García Fernández, sobre despedimento, se ditou Decreto 448/2013, do 30 de setembro, declarado firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia provisional total do executado José Ramón García Fernández (DNI 11358393G) pola suma de 9.664,05 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei de xurisdición social.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

A secretaria xudicial