Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (declaración de insolvencia 90/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 90/2013, por instancia de Arriva Internacional Limited, contra a executada Rafael Sánchez Sostres, sobre execución de sentenza ditada no procedemento ordinario 961/2011, foi ditado no día 24 de outubro de 2013 decreto de insolvencia no senso de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, polo importe de 3.489,13 euros de principal, máis 343,44 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial